domingo, 31 de octubre de 2010

"Con Boloña ou sen el teriamos que facer os mesmos cambios"

Palabras de Montse Palma o pasado venres durante a súa intervención na charla sobre o EEES, celebrada no edificio Miralles do CUVI. Un acto o que tamén asistiu o vicerreitor de relación internacionais Manuel Fernández.

(De esquerda a dereita Francisco Blanco, presidente do Foro; Montse Palma e Javier Porto, vicepresidente.)

A deputada fixo unha revisión do estado actual da universidade española, sempre co transfondo do plan Boloña, tratáronse temas como a movilidade estudantil a través do programa ERASMUS ou a evolución da contía das becas nos últimos anos.
Montse Palma aproveitou tamén esta visita a universidade viguesa para felicitala pola recente consecución do rango de campus de excelencia para o seu Campus do Mar.

(Montse Palma recibindo unha pulseira do Campus do Mar)

Tras algo mais de dúas horas poñíase punto e final a esta charla que inaugura a nova executiva do Foro. Unha executiva que, ó igual que os demais asistentes, valorou moi positivamente a asistencia de Montse Palma. Dende esta web querémoslle agradecer novamente a súa participación.
Por último, para aqueles que non se achegaran ó CUVI na xornada do venres, poden consultar a presentación sobre o EEES visionada durante o acto.
EEES Vigo 2010


0 comentarios:

Publicar un comentario