Hoxe celebrouse en todo o mundo o día da loita contra a SIDA, e dende Foro das Utopías pensamos en conmemoralo da mellor forma posible: repartindo preservativos.
Nunhas datas onde a postura da igrexa sobre a utilización do preservativo volveu estar de actualidade, Foro das Utopías, baixo o lema "Benedicto di as veces, eu digo sempre" levou a cabo un reparto de preservativos nas escolas e facultades da Universidade de Vigo.
Esperamos con isto, aportar o noso gran de arena nesta celebración e concienciar os mais xoves do uso do preservativo en tódolos seus encontros sexuais.
Por último, queremos agradecer os compañeiros da agrupación local de Vigo das Xuventudes Socialistas de Galicia pola súa axuda a hora de organizar este acto e o Centro Quérote de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade por proporcionarnos os preservativos.
0 comentarios:
Publicar un comentario