lunes, 25 de octubre de 2010

Enerxías Renovadas

Hai uns anos, un grupo de mozos vigueses, estudantes na universidade, pon en marcha Foro das Utopías. Unha asociación co afán de desenvolver e defende-los dereitos da xuventude, fomentar o asociacionismo entre os xoves, promover a cultura e a igualdade social e axudar os xoves a acadar unha mellor cualificación técnica e humana.


Para o cumprimento destes fins, a asociación encargouse de organizar cursos, coloquios, festas, torneos, publicacións etc. Durante un tempo Foro das Utopías serviu para dar cabida a multitude de experiencias e aprendizaxe a tódolos seus membros ata que aqueles mozos foron rematando os seus estudos, incorporándose a vida laboral e nalgún caso diseminándose pola xeografía española. A actividade da asociación chegou pois o seu fin e o Foro entrou nun profundo sono.

Agora chega o momento de espertar. Unha nova xeración, unha nova executiva, un novo grupo de mozos fan realidade unha idea que se ven xestando dende o pasado verán: reanudar a actividade do Foro.

A executiva encargada de darlle vida de novo a Foro das Utopías é a seguinte:

Alvaro Jiménez---Presidente Fundador
Francisco Blanco---Presidente
Javier Porto---Vicepresidente 1º
Daniel Sueiro---Vicepresidente 2º
Pablo Nieto---Secretario
Diego G. Moreira---Tesorero
Jacobo Mariño---Vocal

A todos eles queremos dende aquí felicitar e animar a traballar nesta nova etapa -que agora comeza. Por último, tamén aproveitar para inaugurar esta web coa que pretendemos estar en contacto con todos vos. Unha aperta.

Estamos de volta.

0 comentarios:

Publicar un comentario