sábado, 25 de diciembre de 2010

Bo Nadal

Chegou o Nadal e con el unhas datas de troula que esperamos pasedes na mellor das compañas.
Dende este blog querémosvos desexar unhas felices festas e un próspero aninovo.




miércoles, 1 de diciembre de 2010

Día Mundial da loita contra a SIDA

Hoxe celebrouse en todo o mundo o día da loita contra a SIDA, e dende Foro das Utopías pensamos en conmemoralo da mellor forma posible: repartindo preservativos.
Nunhas datas onde a postura da igrexa sobre a utilización do preservativo volveu estar de actualidade, Foro das Utopías, baixo o lema "Benedicto di as veces, eu digo sempre" levou a cabo un reparto de preservativos nas escolas e facultades da Universidade de Vigo.
Esperamos con isto, aportar o noso gran de arena nesta celebración e concienciar os mais xoves do uso do preservativo en tódolos seus encontros sexuais.
Por último, queremos agradecer os compañeiros da agrupación local de Vigo das Xuventudes Socialistas de Galicia pola súa axuda a hora de organizar este acto e o Centro Quérote de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade por proporcionarnos os preservativos.

domingo, 31 de octubre de 2010

"Con Boloña ou sen el teriamos que facer os mesmos cambios"

Palabras de Montse Palma o pasado venres durante a súa intervención na charla sobre o EEES, celebrada no edificio Miralles do CUVI. Un acto o que tamén asistiu o vicerreitor de relación internacionais Manuel Fernández.

(De esquerda a dereita Francisco Blanco, presidente do Foro; Montse Palma e Javier Porto, vicepresidente.)

A deputada fixo unha revisión do estado actual da universidade española, sempre co transfondo do plan Boloña, tratáronse temas como a movilidade estudantil a través do programa ERASMUS ou a evolución da contía das becas nos últimos anos.
Montse Palma aproveitou tamén esta visita a universidade viguesa para felicitala pola recente consecución do rango de campus de excelencia para o seu Campus do Mar.

(Montse Palma recibindo unha pulseira do Campus do Mar)

Tras algo mais de dúas horas poñíase punto e final a esta charla que inaugura a nova executiva do Foro. Unha executiva que, ó igual que os demais asistentes, valorou moi positivamente a asistencia de Montse Palma. Dende esta web querémoslle agradecer novamente a súa participación.
Por último, para aqueles que non se achegaran ó CUVI na xornada do venres, poden consultar a presentación sobre o EEES visionada durante o acto.
EEES Vigo 2010


jueves, 28 de octubre de 2010

Charla - Debate sobre o EEES

A asociación xuvenil Foro das Utopías prepara unha charla debate sobre o Espacio Europeo de Educación Superior na Universidade de Vigo, onde contará coa presenza de Montse Palma, licenciada en filosofía e letras e deputada polo PSC.



Con esta charla a asociación Foro das Utopías da o pistoletazo de saída a súa nova etapa, e busca nesta actividade fomentar a participación do alumnado en charlas, coloquios e mesas de debate de este tipo así como crear un espazo onde falar de un dos temas que mais importa na actualidade a comunidade universitaria.

A charla sobre o EEES terá lugar o vindeiro venres 29 de Outubro na sala 1 do Edificio Miralles no CUVI a partires das 11 h.

lunes, 25 de octubre de 2010

Enerxías Renovadas

Hai uns anos, un grupo de mozos vigueses, estudantes na universidade, pon en marcha Foro das Utopías. Unha asociación co afán de desenvolver e defende-los dereitos da xuventude, fomentar o asociacionismo entre os xoves, promover a cultura e a igualdade social e axudar os xoves a acadar unha mellor cualificación técnica e humana.


Para o cumprimento destes fins, a asociación encargouse de organizar cursos, coloquios, festas, torneos, publicacións etc. Durante un tempo Foro das Utopías serviu para dar cabida a multitude de experiencias e aprendizaxe a tódolos seus membros ata que aqueles mozos foron rematando os seus estudos, incorporándose a vida laboral e nalgún caso diseminándose pola xeografía española. A actividade da asociación chegou pois o seu fin e o Foro entrou nun profundo sono.

Agora chega o momento de espertar. Unha nova xeración, unha nova executiva, un novo grupo de mozos fan realidade unha idea que se ven xestando dende o pasado verán: reanudar a actividade do Foro.

A executiva encargada de darlle vida de novo a Foro das Utopías é a seguinte:

Alvaro Jiménez---Presidente Fundador
Francisco Blanco---Presidente
Javier Porto---Vicepresidente 1º
Daniel Sueiro---Vicepresidente 2º
Pablo Nieto---Secretario
Diego G. Moreira---Tesorero
Jacobo Mariño---Vocal

A todos eles queremos dende aquí felicitar e animar a traballar nesta nova etapa -que agora comeza. Por último, tamén aproveitar para inaugurar esta web coa que pretendemos estar en contacto con todos vos. Unha aperta.

Estamos de volta.